CRTVG

Buscar

Denuncian a proliferación de trampas con veleno ou cravos agochados en anacos de carne en parques de Vigo

Publicado o 26/08/2021 13:12

Hai catro animais feridos

Dana, unha mestura de bóxer e dálmata que estes días fai dous anos, é unha das últimas vítimas das trampas que inzan o parque do museo de Olimpio Liste e outras zonas de Castrelos ou das Travesas.

Dana comeu parte dunha salchicha que estaba chea de parafusos e cravos, os seus donos conseguiron sacarlle parte da boca, pero non puideron evitar que moitas pezas como estas remataran no seu estómago, como se ve nunha radiografía. O peor de todo foi vela sufrir, pensar que morría e agardar unha operación de seis horas e 900 euros.

A noticia correu como a pólvora entre os donos de animais, e o propio parque está cheo de avisos. Nun deles convidan a un grupo de WhatsApp en que os usuarios comparten información.

Na zona tamén puxeron trampas con veleno de rato e houbo polo menos outros tres animais afectados.

Noticias web

26/08/2021