Denuncian a proliferación de festas ilegais en vivendas alugadas
Publicado o 06/09/2020 20:44
A patronal do ocio nocturno admite que cada vez hai máis demanda de festas privadas e polo tanto máis oferta. Por iso abriu un correo para recibir todas as denuncias. De momento, xa recibiron oito, tres delas de Eivisa.
Lembran que co peche de pubs e discotecas, a xente busca alternativas onde non se gardan as distancias, non hai xeles desinfecantes e tampouco máscaras. En Eivisa detectaron que se alugan casas para estas celebracións por 2.000 euros ao día. Os organizadorse captan os clientes a través das redes sociais.
As sancións por este tipo de celebracións que non respectan a normativa sanitaria van desde os 6.000 euros ata os 66.000 nos casos máis graves.