CRTVG

Buscar

Denuncian a Manuel Charlín por conducir sen puntos no carné

Publicado o 05/02/2020 21:20
Denuncian a Manuel Charlín por conducir sen puntos no carné

E denuncian o patriarca do clan dos Charlíns por conducir sen puntos do carné. A policía interceptou a Manuel Charlín circulando co seu coche polas rúas de Vilanova. Agora deberá comparecer nos xulgados acusado dun delito contra a seguridade viaria.

Enfróntase a unha pena de prisión de 3 a 6 meses de cárcere ou a unha multa que pode conmutarse por traballos en beneficio da comunidade.

Noticias web

05/02/2020