CRTVG

Buscar

Denuncian a inseguridade no barrio coruñés dos Mallos tras un novo intento de roubo

Publicado o 02/02/2021 14:55

Un novo intento de roubo no barrio dos Mallos únese á vaga de roubos que están a sufrir na zona nos últimos meses.

Alberto, o propietario dunha tenda de maletas deste barrio coruñé, atopaba o seu local sen medio escaparate na madrugada do pasado luns cando a policía o alertou dun intento de roubo. 

Neste caso, o aviso dos veciños, asustados polo ruído, impediu que o ladrón puidese levar nada, xa que no momento en que estaba roubando chegou a policía, pero si causou danos materiais importantes. 

Aínda que Alberto é a primeira vez que sofre un roubo, cada vez son máis os veciños e comerciantes que denuncian este tipo de actos por parte dun grupo de ocupantes ilegais que se instalaron no barrio dos Mallos hai uns meses e que teñen atemorizada a zona. 

Noticias web

02/02/2021