CRTVG

Buscar

Denuncian a degradación e o abandono dun barrio de Marín

Publicado o 23/09/2020 14:35

Os veciños e veciñas do barrio do Cantodarea en Marín puxéronse en pé de guerra en contra do abandono que están padecendo dende hai anos e que se materializa nestas casas abandonadas e en estado ruinoso.

Este abandono fixo que tres das vivendas que están en ruínas foran ocupadas por persoas que segundo din, consomen e venden droga a pequena escala o cal é para eles sinónimo de conflitos diarios e de inseguridade, feitos que eles negan fóra de cámara.

Para eles a responsabilidade é compartida nunha zona cun gran patrimonio histórico. Por un lado culpan os propietarios das casas e por outro o consistorio, por non mudar unha situación que levan padecendo dende hai anos.

Dende o propio Concello falan dunha única casa ocupada da que xa se está tramitando a denuncia posta polo seu propietario. Con todo, para estes veciños e veciñas a situación xa é insostible e piden prioridade a un problema que farán visible a través de concentracións e mesmo mobilizacións.

Noticias web

23/09/2020