CRTVG

Buscar

Denuncian a aparición de xiringas usadas en varios espazos públicos de Lugo

Publicado o 02/07/2021 13:39

Veciños de Lugo denunciaron a aparición de xeringas usadas en diversos espazos públicos da cidade. É o caso da Fonte dos Ranchos, nunha zona próxima a un parque infantil. As xiringas foron atopadas sen tapa tiradas no chan, co conseguinte risco para a saúde de quen poida picarse cunha agulla de forma accidental. Tamén foron atopados na rúa López Guntín, no barrio do Castiñeiro.

Segundo a unidade asistencial de drogodependentes da Cruz Vermella, dun tempo a esta parte comprobaron que os toxicómanos están a consumir en maior medida debido a que se encontran desestabilizados como consecuencia das restricións da pandemia. Actualmente, a unidade trata máis de 400 persoas na capital luguesa, sobre todo consumidores de mediana idade.

Noticias web

02/07/2021