CRTVG

Buscar

Denuncian a aparición de lazos de caza na contorna urbana da Coruña

Publicado o 12/05/2020 14:18

A aparición de lazos para a caza nos arredores do Parque Ofimático da cidade da Coruña, onde xa caeu algún animal, prendeu a luz de alarma na fundación Franz Weber de defensa da natureza, que advirte dos riscos que supón esta mala práctica.

Urxe o colectivo animalista ao control destas situacións nun momento en que se detecta un incremento da fauna presente nas contornas urbanas.

Pidenlles ás autoridades unha maior implicación na persecución destas actuacións ilegais.

Noticias web

12/05/2020