CRTVG

Buscar

Denuncian 5 persoas na Coruña por faceren un pícnic

Publicado o 28/04/2020 14:13

Na Coruña, a Policía Local denunciou cinco persoas que nas últimas horas decidiron facer un pícnic nesta praza dos Mariñeiros, incumprindo así as normas de confinamento, por non falar das recomendacións sanitarias de manter unha distancia mínima de seguridade de dous metros, que dende logo non cumprían ao estaren todos sentados arredor da mesma mesa.

Con eles son xa 915 os sancionados na cidade durante este estado de alarma.

Noticias web

28/04/2020