CRTVG

Buscar

Denunciados dous homes por acosar unha atleta na Coruña

Publicado o 30/09/2019 20:29
Denunciados dous homes por acosar unha atleta na Coruña

Dous veciños da Coruña foron denunciados por presuntamente atosigar unha atleta feminina durante a proba deportiva Tríatlon A Coruña disputada o sábado na cidade, informaron fontes da Policía Local.

Unha dotación policial observou como dous homes do público se puxeron a correr á par dunha atleta feminina cando corría "acosándoa con frases obscenas e ofensivas, con ánimo de mofarse". Ambos foron denunciados por infrinxir a lei de protección de seguridade cidadá ao perturbar o normal desenvolvemento dunha proba deportiva, poñendo en risco a seguridade cidadá, podendo ser sancionados cada un deles cunha multa de entre 601 e 30.000 euros.