CRTVG

Buscar

Denunciado un veciño de Cangas por ter unha raposa na casa que adestraba cans de caza

Publicado o 16/05/2018 21:03

A Garda Civil denunciou un veciño de Cangas por ter en catividade unha raposa viva para adestrar os seus cans de caza. Segundo o testemuño do home, atopou a raposa no seu galiñeiro. Estaba atada cunha correa e unha cadea metálica. O SEPRONA trasladouna ao centro de  Recuperación de Fauna de Cotorrendo. A Consellería de Ambiente podería sancionar o home cunha multa de entre 600 a 6.000 euros

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018