Denunciado un condutor por cegar un camioneiro cun láser
Publicado o 24/11/2020 13:04
Ata 30.000 euros de multa podería ter que chegar a pagar o condutor dunha furgoneta que cegou cun punteiro láser un camioneiro.
O incidente ocorreu en Lleida, nun treito da autoestrada de peaxe que une a cidade catalá co Mediterráneo, cando o camioneiro intentaba adiantar a furgoneta, pertencente a unha empresa de envíos urxentes.
As imaxes gravadas polo camioneiro permitiron identificar o vehículo e o seu condutor, que foi denunciado por infracción moi grave da Lei de protección da seguridade cidadá.
Máis sobre actualidade
16/01/2021 21:34
16/01/2021 21:30