CRTVG

Buscar

Denunciadas 11 persoas que facían pilates incumprindo a normativa anticovid

Publicado o 23/02/2021 14:37

A Policía Local de Pontevedra denunciou 11 persoas que asistían, de xeito irregular, a unha clase de pilates.

"Eu tamén ía ao ximnasio e tíveno que deixar, isto é responsabilidade de todos, se non seremos incapaces de detelo", explica unha veciña.

Tres dos denunciados saltaran o peche perimetral para acudir á clase deportiva, e outras persoas non respectaban a distancia mínima de seguridade.

Os axentes tamén expedientaron o propietario do local, situado no centro da cidade, por organizar unha actividade que infrinxe a actual normativa anticovid.

Non foi a única actuación deste tipo na cidade. Só na última semana a Policía tramitou 61 expedientes por incumprimento das restricións. Mesmo foi detido un veciño que se enfrontou aos axentes cando acudiron á súa casa tras recibir varias denuncias polo ruído.

Noticias web

23/02/2021