CRTVG

Buscar

Denunciada por ir a 170 km/h pola AP-9 e incumprir o peche perimetral

Publicado o 05/04/2021 14:23
Denunciada por ir a 170 km/h pola AP-9 e incumprir o peche perimetral

Unha condutora residente fóra de Galicia foi sorprendida a 170 quilómetros por hora nun control de autoestrada.

Foi na AP-9, a uns 15 quilómetros de Santiago. Unha patrulla de Tráfico con radar dinámico detectou o coche a esa velocidade, 50 quilómetros hora por riba do máximo legal.

A condutora e a súa parella tamén foron multadas porque eran residentes noutra comunidade autónoma e non dispoñían de xustificación para eludir o peche perimetral de Galicia.

Noticias web

05/04/2021