CRTVG

Buscar

Denuncia por neglixencia tras a morte por covid dunha moza de 20 anos en Marbella

Publicado o 11/08/2021 08:32
Denuncia por neglixencia tras a morte por covid dunha moza de 20 anos en Marbella

Unha moza de 20 anos morreu a causa da covid, tras acudir ata 7 veces ao hospital pedir axuda. Sucedeu en Marbella. A moza aínda non estaba vacinada e tiña factores de risco. Deu positivo na segunda proba da covid e presentaba síntomas, pero dende o hospital indicáronlle que pasase a enfermidade na casa.

Agora a familia da moza denuncia o caso. O Defensor do paciente solicitoulle a Fiscalía de Málaga que investigue as circunstancias da morte desta moza por "presunta neglixencia no tratamento da covid".

Noticias web

11/08/2021