CRTVG

Buscar

Denuncia o intento de rapto da súa filla e de dúas amigas menores nun parque de Laracha

Publicado o 11/11/2019 15:54

Un pai denunciou un posible intento de secuestro da súa filla e de dúas amigas menores de idade cando estaban nun parque da Laracha, por parte de dous homes que estaban en dous coches, un deles portaba unha navalla, segundo lle contou unha das nenas á Garda Civil. O pai alertou polas redes sociais a veciñanza e pide a colaboración cidadá para dar cos individuos. Xa é o segundo caso, en quince días, que se denuncia na Laracha. 

É a segunda vez en quince días que salta a alarma na Laracha polo que poderían ser intentos de rapto de nenas. Nesta ocasión, un pai denuncia que dous homes, duns 40 anos, intentaron secuestrar a súa filla e dúas amigas cando estaban nun parque. Segundo lle contou unha das nenas, os individuos estaban en senllos coches e un deles portaba unha navalla.

O pai, residente en Polonia, alertou a veciñanza polas redes sociais, e pide a colaboración cidadá para identificar os dous suxeitos. Pais e nais senten medo por este segundo caso.

A Garda Civil da Laracha investiga a identidade dos dous homes, de raza branca, nun ambiente de tensión na comunidade de pais e nais, despois doutros acosos a mulleres producidos na Costa da Morte e na Barbanza.

Noticias web

11/11/2019