CRTVG

Buscar

Denuncian un tecor de Taboada polos danos do xabaríl

Publicado o 31/10/2019 13:44

O cultivo derramado e a impotencia que lles dá cada vez que se repite esta situación fan que unha familia de gandeiros vaia denunciar o couto de caza de Taboada. Esta mañá, José Manuel veu canda o seu pai por ver se había novos estragos desta noite, pero non fozaron máis.

Non é a primeira vez que se denuncia a un tecor polo mesmo motivo. Precisamente, o presidente do tecor anda esta mañá cos seus cans cazando arcea, unha ave migratoria que vén dende Rusia.

A situación vaise resolver nos tribunais.

José Manuel e o seu pai queren que liberen o tecor e que así poidan vir outros cazadores. Insisten en que nunca tanto xabaril se acordou.

Esta familia ten unha gandería de cen vacas. Se se volven ver con este problema, aseguran que polos menos estas terras quedarían abandonadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019