CRTVG

Buscar

Denuncia tres mozos que se gravaron nunha furgoneta en marcha, un deles subido ao teito e outro enganchado nun monopatín

Publicado o 05/03/2021 08:38

A graza non lles vai sair de balde aos tres mozos que protagonizan este vídeo que logo difundiron nas redes sociais. Ocorreu en Lanzarote.

Graváronos mentres circulaban nunha furgoneta: un subido ao teito e outro enganchado a unha xanela e facendo filigranas cun monopatín mentres o terceiro conducía.

A Garda Civil xa os identificou e abríulles dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

Noticias web

05/03/2021