CRTVG

Buscar

Denso manto de branco en toda A Montaña de Lugo

Publicado o 02/02/2019 14:39

Toda A Montaña de Lugo está cuberta por un manto groso de neve. É a consecuencia do paso do temporal Helena, que ademais veu acompañada de ventisca, que fixo que nalgúns puntos a neve acumulada se achegue ao medio metro.

Desde primeira hora, os comerciantes dedícanse a retirar a neve que se foi amoreando diante dos negocios. En breve aparecen os primeiros visitantes. O paso das quitaneves facilita a circulación, pero se recomenda igualmente extremar as precaucións.

Toda a montaña de Lugo está en aviso laranxa por acumulacións de neve. A cota irá subindo ao longo da xornada. Nas vías principais non hai problemas para circular, pero se mantén o uso de cadeas para subir a O Cebreiro. O resto de estradas de montaña está en nivel verde.

Noticias web

02/02/2019