CRTVG

Buscar

Dennis causa xa 4 mortos no Reino Unido

Publicado o 17/02/2020 20:05

As autoridades pídenlle á poboación que se prepare para o peor

O Reino Unido vive outra xornada de caos por culpa da borrasca Dennis. Numerosas cidades do oeste do país están asolagadas e non se agarda que a situación mellore nas próximas horas. As autoridades manteñen activas 200 alertas de inundacións e avisan a poboación de que estea preparada para o peor.

O vento furacanado que nas últimas horas obrigou a cancelar centos de voos foi amainando, pero a chuvia continúa e os ríos non baixan o nivel. Hai centos de evacuados e os servizos de emerxencia seguen rescatando xente que quedou atrapada nas súas casas.

Crese que o temporal deixou ata o momento catro persoas mortas. A última sería unha muller desaparecida en Tenbury Wells.

Hai ducias de estradas e autoestradas pechadas. E os danos materiais son incalculables.

Dennis golpeou tamén o nordés de Francia, Islandia e os Países Baixos. A súa fusión con outra borrasca fixo que acadara unha forza inédita desde hai case 30 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020