CRTVG

Buscar

Denis Suárez ve o futuro do Celta con moito optimismo

Publicado o 21/05/2021 15:31

Denis Suarez deu esta temporada o paso adiante que se agardaba del. E coa chegada de Coudet alcanzou a súa mellor versión. Participa na saída do balón, dálle fluidez ao xogo e sobre todo, asiste os seus compañeiros. Leva 9, as mesmas que Messi. Só lle faltou asinar un gol.

Consolidado no centro do campo dun Celta que comezou loitando por evitar o descenso e finaliza soñando con Europa, Denis ve o futuro con optimismo.

Un futuro en que o de Salceda aspira a continuar crecendo co Celta.

Noticias web

21/05/2021