CRTVG

Buscar

Denis Suárez pasa o recoñecemento médico co Celta

Publicado o 01/07/2019 20:36

Denis Suárez pasou esta tarde as probas médicas co Celta. O xefe dos servizos médicos do club, o doutor Cota, recibiuno na clínica do club. O xogador de Salceda de Caselas completou o protocolo médico sen problemas. O seguinte paso é asinar o contrato que o vinculará co Celta as próximas 4 temporadas con Carlos Mouriño para posteriormente ser presentado á afección nos vindeiros días. Denis levará o numero seis, o numero que lucía Radoja. O Celta paga dezaseis millóns de euros polo seu regreso. Foise do Celta con dezasete anos e regresa oito temporadas máis tarde tras pasar polo City, polo Vilarreal, polo Sevilla, polo Barcelona e polo Arsenal.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019