CRTVG

Buscar

Denís Suárez: "Para min é un soño volver á casa"

Publicado o 04/07/2019 20:32

Denís Suárez xa exerce de celtista. O xogador de Salceda de Caselas foi presentado esta tarde ante un Balaídos cheo de ilusión:  "Para min é un soño volver á casa. Sempre dixen cando saín de aquí que quedei coa espiña de poder xogar no primeiro equipo e esta temporada ese soño se vai facer realidade", apunta Denís.

O xa xogador celeste revelou que "tiña outras opcións de Champions en España, fóra de España tamén, renunciei a todo iso por volver á casa". O obxectivo do mediapunta de Salceda de Caselas para o Celta non pode estar máis claro: "Eu veño aquí cun claro obxectivo: devolver o Celta onde merece e creo que é estar pelexando polos postos de Europa". E tamén ten unha meta individual, volver á selección e xogar a Eurocopa do vindeiro verán: "Quero volver estar na selección, o Celta dáme a posibilidade de xogar moitos partidos, estar competindo na mellor liga do mundo, optar por xogar moito e poder tentar meterme nesa lista da selección e Iago é o claro exemplo"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019