CRTVG

Buscar

Denis Suárez e Santi Mina, amizade e chanza na 'operación retorno'

Publicado o 06/09/2019 16:52

Pero ademais de Rafinha, onte foi o día de Santi Mina e de Denis Suárez na Radio Galega. Os dous xogaron Ao contraataque con Pedro Pablo Alonso nunha noite de radio onde se confirmou que hai moita complicidade nese vestiario de canteiráns. 

Hai amizades que transcenden o terreo de xogo. E no Celta axudaron tamén a completar a 'operación retorno'. Aspas non foi o único xogador que mandou mensaxes. Denis revelou que fixo o mesmo co seu amigo Rafinha.

Os dous chancearon tamén sobre como mudou o recibimento da afección a Santi Mina.

Sorrisos que delatan que os dous están onde querían. Un sentimento avalado ata o momento polos resultados. En tres partidos, catro puntos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019