CRTVG

Buscar

Denis Suárez e Augusto Solari, positivo por covid−19 no primeiro día da pretemporada do Celta

Publicado o 05/07/2021 22:02

O Celta arrancou esta tarde a pretempada coa primeira sesión de adestramento en Afouteza. E tamén co primeiro contratempo: Denis Suárez e Augusto Solari deron positivo nas probas practicadas o sábado e deberán gardar corentena.

O resto do equipo si puido saltar ao campo de Mos con normalidade. Entre eles, Franco Cervi, quen por fin está xa baixo as ordes de Coudet. A primeira fichaxe do Celta asinou ata o ano 2026. Custou pechar os flocos do traspaso. Catro millóns de euros fixos e outros catro variables recibirá o Benfica. Cervi quere triunfar no equipo que dirixe Coudet, un vello coñecido. Está moi agradecido pola confianza do Celta e do seu adestrador.

Noticias web

05/07/2021