CRTVG

Buscar

Denis Suárez deféndese das críticas de Carlos Mouriño

Publicado o 08/09/2021 16:49

A espoleta foi a marcha dun neno de 12 anos, Bryan Bugarín, camiño do Real Madrid. Ao presidente do Celta Carlos Mouriño prendeulle a furia e pagounas con Denis Suárez.

O celtismo asistiu incómodo en pleno mes de agosto ao ataque furibundo do presidente celeste contra Denis Suárez, ao que lle amosou a porta de saída do club se non cambia de representante.

O pulso con Denis é o pulso do Celta con Inter Media Sport Player, a empresa de representación que o futbolista comparte con, entre outros, Iago Aspas e á que o presidente celeste acusa de poxar por cativos.

Denis Suárez dixo que o sucedido non está afectando o seu rendemento e, todo o contrario, sobe a aposta do seu rol no equipo de Eduardo Coudet.

Os resultados, como sempre no fútbol, darán boa conta das polémicas. E Denis. como Winston Churchill, semella pensar polo de agora que "é un erro mirar demasiado lonxe, só se pode manexar un elo na cadea do destino".

Noticias web

08/09/2021