CRTVG

Buscar

Denis Suárez, á TVG: "Coudet quere presionar arriba, roubar a pelota e quedar con ela"

Publicado o 26/11/2020 18:13

Cando Coudet lles explica que hai que presionar arriba e roubar a pelota, o que non quere logo o adestrador son transicións rápidas. Quere quedar co balón

Un modelo a imitar sería a Real Sociedade. É o equipo da liga que máis lle gusta a Denis

Pois se falamos de equipos físicos, con ritmo alto, chega a Balaídos o Granada, aínda que nunha mala xeira

O fútbol cada vez é máis físico e aí tenta adaptarse este Celta de Coudet, e tamén Denis. A súa posición preferida é a que tivo en Sevilla: zona central, por diante do pivote, para darlles solucións aos de arriba, como fixo no gol de Nolito

Noticias web

26/11/2020