CRTVG

Buscar

Denéganlle permisos de saída a Rosario Porto tras cumprir a cuarta parte da condena

Publicado o 28/05/2020 12:46

Denéganlle os permisos para saír de prisión a Rosario Porto. Tras cumprir a cuarta parte da condena, solicitou polo menos 3 ou 4 permisos para saír da cadea, segundo confirmou o seu avogado. Todos lle foron rexeitados.

Rosario Porto está actualmente no cárcere de mulleres de Brieva, en Ávila, a onde foi trasladada o 7 de marzo desde A Lama. Cumpre unha pena de 18 anos de prisión polo asasinato en 2013 da súa filla Asunta.

Noticias web

28/05/2020