Denegan a liberdade para o salesiano acusado de supostos abusos sexuais
Publicado o 30/10/2019 13:55
A Audiencia Provincial de Pontevedra denega a excarceración do salesiano de Vigo investigado por presuntos abusos a menores. O sacerdote, adscrito ao Colexio María Auxiliadora, seguirá, polo tanto, en prisión provisional, sen posibilidade de fianza, despois de que fora desestimado o recurso de apelación presentado polo seu avogado.
A Audiencia denega a excarceración por posible risco de fuga e para evitar a destrución ou alteración de probas. O sacerdote está acusado de abusos sexuais a 6 menores durante un campamento en Cambados, no mes de xullo.