Dende a Generalitat insisten: o debate sobre o traspaso a Cataluña da formación sanitaria, incluída a dos MIR, si está sobre a mesa
Publicado o 05/08/2021 15:25

Dende a Generalitat insisten: o debate sobre o traspaso a Cataluña da formación sanitaria, incluída a dos MIR, si está sobre a mesa.
Así o afirmaba nas redes sociais a conselleira da Presidencia, Laura Vilagrá. Explica que na comisión bilateral os dous gobernos acordaron crear un grupo de traballo para debater sobre ese traspaso e, outros.
Respondía a ministra de Sanidade, negando esa negociación.