CRTVG

Buscar

Dende a Federación Galega de Estacións de Servizo priorizan a seguridade e o emprego

Publicado o 22/05/2020 16:03

As gasolineiras galegas fan balance. Destacan que neste período apostaron por protexer o emprego: lembran que só o 15% das gasolineiras se acolleu aos ERTE e que un 32% optou por reducir horario.

Dende a Federación Galega de Estacións de Servizo din que están preparadas para evitar contaxios entre clientes e empregados. Apuntan que durante o estado de alarma mercaron 35.000 pares de luvas e preto de 20.000 máscaras para garantir a seguridade.

Noticias web

22/05/2020