CRTVG

Buscar

Democracia Ourensana volve ao goberno da Deputación de Ourense

Publicado o 06/09/2021 21:28
Democracia Ourensana volve ao goberno da Deputación de Ourense
EFE

O presidente da deputación provincial de Ourense, Manuel Baltar, asinou unha resolución pola quenomea ao deputado provincial de Democracia Ourensana, Armando Ojea, membro da Xunta de Goberno da institución.

Este nomeamento supón o regreso da formación fundada por Gonzalo Pérez Jácome á institución provincial despois da ruptura de ambas as formacións e unha vez producido o regreso do PP ao goberno municipal de Ourense.

Segundo a nota difundida polo ente provincial, este nomeamento permitirá dar de novo "estabilidade e fortaleza" ao goberno provincial á hora de poder cumprir co seu plan de mandato e incrementar "a maioría política na cámara de representación provincial", sinalou Baltar.

Para o político ourensán, esta maioría posibilita "dotar de estabilidade" á institución nos dous anos que quedan de mandato. 

Noticias web

06/09/2021