CRTVG

Buscar

Democracia Ourensana e o Partido Popular reparten as áreas de goberno no Concello

Publicado o 26/06/2019 14:03

En Ourense xa se coñece organigrama de Goberno municipal formado por Democracia Ourensana e o Partido Popular.

Os populares quedan, entre outras concellerías, con Urbanismo e Termalismo, áreas de especial importancia coa aprobación do PXOM como prioridade. O grupo do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, asume Persoal, Infraestruturas ou Cultura.

O grupo de goberno fala de repartimento equitativo e anuncia unha xestión máis eficaz e profesional.

Noticias web

26/06/2019