Dembélé volve aos adestramentos despois de seis meses
Publicado o 28/07/2020 22:12
E esta mañá volveu aos adestramentos o Fútbol Club Barcelona, coas olladas postas no partido contra o Nápoles do vindeiro día 8. A novidade foi a presenza de Dembélé despois da súa lesión, que o mantivo afastado do equipo case seis meses. Esta mañá adestrouse á marxe do grupo canda os seus compatriotas Lenglet e Griezmann. Quen non se adestrou co Barça foi Arthur. O Barça ábrelle un expediente disciplinario, pero non accede á súa petición de rescindirlle o contrato. Despois do que dixo no seu día Setién del, é posible que Arthur non regrese do Brasil.