CRTVG

Buscar

Demasiados agasallos, un erro que os Reis cometen con frecuencia

Publicado o 04/01/2019 16:43

É a imaxe que se repetirá na mañá do 6 de xaneiro en moitos fogares. Nenos desfacendo papel de agasallos sen prestar atención ao seu contido.

Os psicólogos alertan. A conduta xerada no menor para o futuro será a frustración. Estamos educando maiores caprichosos e inmaduros.

A pauta que se debe seguir é sinxela. Queden con catro preguntas. Como máximo hai que facer catro regalos que dean resposta ao que quere, o que gaña, o que necesita e o que queremos que empece a utilizar.

Se non podemos evitar os agasados, hai que dosificar os xoguetes e organizar o tempo para que os nenos xoguen con eles por igual.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019