CRTVG

Buscar

Demantelan unha plantación de marihuana con máis de 300 plantas

Publicado o 29/05/2020 13:08

A Garda Civil desmantelou en Tomiño unha plantación de marihuana en interior. Estaba nun pendello anexo á vivenda. Foron os movementos raros de persoas que se achegaban ao lugar os que levantaron as sospeitas. Os axentes incautáronse dunhas 300 plantas pequenas e diverso material eléctrico empregado para que medrasen.

Os supostos responsables da plantación son unha parella de 47 e 36 anos, con antecedentes policiais. Os dous están investigados como presuntos autores dun delito contra a sáude pública e outro de defraudación do fluído eléctrico.

Noticias web

29/05/2020