CRTVG

Buscar

Demandan un plan de descontaminación de lindano no Porriño

Publicado o 01/04/2019 21:13

Concentración hoxe no Porriño da Plataforma Antilindano, coincidindo coa entrega dos segundos informes médicos dos afectados. O lindano é un composto moi tóxico que se utilizaba como pesticida e que se fabricou en España ata o ano 1994. Unha das fábricas estaba no Porriño, e esta plataforma pide dende hai dous anos un plan de descontaminación e un plan sanitario integral para a zona afectada e toda a súa contorna.

A Xunta precisa que, unha vez que se delimitou a presenza de lindano na zona, a Consellería de Medio Ambiente encargou a redacción dun proxecto para eliminar os residuos, por un importe de case dous millóns e medio de euros. Asegura que non comezaron os traballos por falta de financiamento e porque tampouco lle corresponde facelo. Segundo a Administración autonómica, debe ser o Concello do Porriño o que asuma o gasto, e din que o Goberno central tamén rexeitou implicarse no asunto.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/04/2019