Delio Fernández, imaxinación e moita tecnoloxía para manter a forma
Ciclismo sen bicicleta, asfalto de terraza, moita imaxinación e moita tecnoloxía para manter a forma. Así bota a vida confinada Delio Fernández.
O corredor do equipo francés Delko-Marseille é o único dos compoñentes daquela experiencia do Xacobeo Galicia que conseguiu manterse no ciclismo profesional de maneira continua. E xa van alá trece anos dun compromiso e dunha honestidade deportiva a que non lle chora os esforzos, nin estando confinado.
A emerxencia sanitaria colleu a Delio na casa, en Moaña, onde desde hai catro anos se celebra o Desafío Delio Fernández. Unha cita cicloturista que está a medrar, con chegada no alto de Domaio, no Chan De Arquiña, e na que o seu gran amigo Iago Aspas actúa de mestre de cerimonias.
Mentres agarda a recuperación da normalidade, Delio Fernández segue ao seu: dando pedais.