CRTVG

Buscar

Delgado comparece no Congreso antes de ser nomeada fiscala xeral do Estado

Publicado o 20/02/2020 12:19

Derradeiro trámite para Dolores Delgado antes de asumir o mando da Fiscalía Xeral. A súa comparecencia no Congreso dos Deputados presúmese tensa, despois da polémica desatada hai un mes cando o Goberno, daquela en funcións e con ela aínda ocupando o cargo de ministra de Xustiza e un escano como deputada do Grupo Socialista, a propuxo para o cargo.

Daquela o colectivo maioritario entre os fiscais acusou a Pedro Sánchez de querer sometelos aos seus intereses. A oposición tampouco cre que Delgado sexa a persoa idónea para preservar a autonomía deste órgano xudicial, e lembra que hai poucos meses tomou parte activa na campaña electoral do PSOE. Cando estaba no Executivo, Delgado tamén foi criticada polo partido que hoxe comparte o poder cos socialistas: Unidas Podemos afeoulle os seus contactos co ex-comisario Villarejo, pero agora daralle o voto de confianza que lle pide a Moncloa.

Noticias web

20/02/2020