CRTVG

Buscar

Delgado apela ao principio de legalidade na toma de decisións da Fiscalía

Publicado o 17/09/2020 13:39

A fiscala xeral do Estado sae ao paso das acusacións de actuar como unha suposta comisaria política do Goberno en casos relacionados coa xestión da pandemia, o 8M ou o caso Dina. Dolores Delgado, que falou hoxe desde Ourense, apela ao principio de legalidade e fai un chamamento á responsabilidade para non converter a Fiscalía nun campo de batalla: "Son procedementos regrados, transparentes; aplícase o principio de legalidade, aplícase a lei, que é o que fai a cidadanía igual nuns e noutros sitios, nuns e noutros territorios. A Fiscalía non pode ser un campo de batalla".

Noticias web

17/09/2020