CRTVG

Buscar

Deixar a cidade e buscar unha casa con horta no rural, unha opción en auxe coa pandemia

Publicado o 26/05/2020 21:24

Polo que nos contan nas inmobiliarias, o de marchar ao campo ata agora era algo que facían, sobre todo, os de fóra, pero o confinamento está a cambiar a tendencia. Cada vez máis familias españolas buscan lugares con espazos abertos. O coronavirus cambioulle a vida a moita xente.

Hai moitas familias que perderon o traballo e pensan en investir no rural empezando de cero. A liberdade que transmite o campo, a sensación ou a realidade de que entre veciños próximos a vida pode ser máis doada e a posibilidade de teletraballar están facendo que as casas no verde coticen á alza.

Confeccionar un traxe de comuñón para a neta dunha veciña, intercambiar produtos da horta cos do lugar e que sexa entre o verde das árbores e o tacto da herba nos pés ao abrir a porta. Esa é a receita de vida rural que atopou en Galicia esta escocesa e moitos estranxeiros, pero que, no medio do confinamento, están a buscar cada vez máis familias españolas.

O rural está de moda. A demanda de casas no campo aumenta moitísimo, pero, sobre todo, o que se busca, contan nas inmobialrias, é un cambio de vida radical.


 

Noticias web

26/05/2020