CRTVG

Buscar

Déixanse de fabricar na Arxentina as máquinas Singer, que usaron tantas galegas

Publicado o 11/01/2019 21:47

As máquinas de coser marcaron varias xeracións de galegas. Aquí e na Arxentina, onde moitas familias puideron subsistir grazas ás achegas dun traballo que se podía compatibilizar na casa con outras tarefas. Unha Singer foi durante mais dun século fiel compañeira de batalla. Hoxe Singer deixa de fabricarse na Arxentina.

Paralelamente, en Galicia, moitas rapazas que non tiñan a posibilidade de estudar atopaban na costura unha das poucas saídas laborais para as mozas da época. Algunhas mesmo chegaron a odialas, pero outras acabaron namorándose dos fíos e converténdose en grandes profesionais. É a historia de Chiruca Vazquez e da súa Singer.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019