Viaxe degustativa á orixe da cervexa
Publicado o 03/11/2019 13:33
Crese que a cervexa é tan antiga como a nosa civilización, pero os primeiros rexistros dátana sobre o ano 4.000 antes de Cristo.
As primeiras cervexas eran distintas ás de hoxe. Facíanas con mel e auga ou cunha mestura de herbas, o gruit, en lugar de lúpulo, un dos ingrediente básicos na actualidade.
O museo Mundo Estrella Galicia fixo esta fin de semana unha viaxe degustativa ás cervexas ancestrais.
A cervexa evolucionou da man dos coñecementos e dos recursos das ordes monacais e coa contribución de científicos como Pasteur, e segue cambiando.
Aínda que se fagan cervexas coas materias primas parecidas non todas saben igual. Detrás de cada cervexa hai unha receita que a fai singular.