CRTVG

Buscar

O home que degolou a muller en Moraira pasará a disposición xudicial nas próximas horas

Publicado o 20/02/2020 08:37

Prevese que nas próximas horas pase a disposición xudicial o home que degolou a muller en Moraira, despois de participar nos rexistros na inmobiliaria, onde confesou que a asasiniara. O home é reincidente. Pero, en contra do que se dixera, non fora ela quen o denunciara senón un veciño. A muller non quixera presentar cargos. Once mulleres asasinadas no que vai de ano. Ningunha con denuncia. Xa son seis os menores que quedaron orfos, e aínda non rematou febreiro.




 

Noticias web

20/02/2020