CRTVG

Buscar

Defensa vende baratos pisos en Ferrol: desde 19.000 a 50.000 euros

Publicado o 06/10/2020 15:39
Defensa vende baratos pisos en Ferrol: desde 19.000 a 50.000 euros

O Ministerio de Defensa busca comprador para un paquete de 37 pisos en Ferrol a prezos case que de ganga. Son propiedades situadas principalmente no barrio de Caranza e un paquete de seis no concello veciño de Narón.

Teñen entre 80 e 140 metros cadrados de superficie e uns prezos que van dos 19.000 aos 50.000 euros. Defensa adxudica de forma directa estas propiedades despois de que fracasaran as poxas realizadas este ano. 

Detrás destas dificultades están as condicións de moitos dos pisos que obrigan aos interesados a facer un desembolso para reahibilitalos que pode chegar ao 50% do prezo. Todo nun sector inmobiliario na cidade de Ferrol que ofrece os prezos máis baixos das cidades galegas.

Noticias web

06/10/2020