CRTVG

Buscar

Robles xustifica a retirada da fragata Méndez Núñez porque a misión non era a prevista

Publicado o 14/05/2019 20:55

A ministra explicou dende Bruxelas que España acordara hai dous anos con Estados Unidos a presenza da fragata nesta misión, prevista como un exercicio práctico, ao tempo que comemora os 500 anos da volta ao mundo de Magallães e Elcano. Pero a decisión de Washington de cambiar o rumbo e enviar o seu buque insgnia, o portaavións Abraham Lincoln, cara ao golfo Pérsico fixo que o Executivo español ordenase a retirada da Méndez Núñez da misión.

A fragata, con base en Ferrol, leva a bordo unha dotación de máis de 200 efectivos. De momento van permencer en augas do Índico, coa intención de reincoporarse á misión estadounidense cando esta abandone o estreito de Ormuz, un foco de tensión en plena escalada entre Washington e Teherán.