CRTVG

Buscar

Defensa "está planificando" a saída definitiva do persoal español de Afganistán

Publicado o 25/08/2021 20:35

A ministra de Defensa sinalou que "están planificando" a retirada definitiva do persoal español que aínda está en Afganistán coordinando a evacuación dos colaboradores afgáns. Margarita Robles evitou dar máis detalles porque a situación, dixo, é de "risco absoluto".

Neste momento, no aeroporto de Cabul permanecen o embaixador, dous diplomáticos e un grupo de XEOS e outro de militares. Esta tarde chegaron outros dous avións a España con máis de 300 evacuados de Afganistán.

Noticias web

25/08/2021