CRTVG

Buscar

Defensa desmente que a UME recibise ordes do departamento de Pablo Iglesias durante o confinamento

Publicado o 23/04/2021 14:46

Defensa desmente a Pablo Iglesias. Na operación Balmis, durante o confinamento, a UME só atendía ordes dos ministerios competentes, Interior, Transportes e Sanidade.

O exvicepresidente do Goberno dixo o pasado mercores nun debate electoral que era no seu departamento onde se decidia que residencias se debían desinfectar.

Hoxe, Margarita Robles, ministra de Defesa, non quixo contestar a Iglesias, pero si dixo que ninguén debe capitalizar o traballo das Forzas Armadas.

Noticias web

23/04/2021