CRTVG

Buscar

Defensa anuncia unha investigación polo avión sinistrado no Mediterráneo

Publicado o 28/02/2020 20:56

Continúa a busca dos restos do avión do Exército do Aire sinistrado onte en augas do mar Mediterráneo, e do piloto falecido. No rastrexo da zona participan efectivos aéreos e subacuáticos. A ministra de Defensa confirmou que ata o momento apareceu o casco e o asento, con parte do corpo do comandante da patrulla Águila. Margarita Robles anunciou unha investigación independente e exhaustiva sobra as causas do accidente, o terceiro en poucos meses.

 A Ministra de Defensa dixo que o importante agora é "rescatar todos os restos do comandante, transmitir toda a solidariedade, todo o cariño e, insisto, que todo o mundo teña o convencemento e a seguridade de que o que pasou vaise saber".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020