CRTVG

Buscar

Decretan arresto domiciliario para o xornalista discrepante ruso Iván Golunov

Publicado o 09/06/2019 10:55

Un tribunal de distrito de Moscova condenou a arresto domiciliario o xornalista ruso Iván Golunov, coñecido polos seus artigos de denuncia da corrupción e que foi detido por suposto tráfico de drogas. O tribunal non satisfixo a solicitude da fiscalía, que pedía dous meses de arresto para o acusado.
A Golunov detivérono con substancias estupefacientes no seu bolso, pero tanto el coma as súas testemuñas negaron que consumise drogras e que practicamente non bebe alcol, xa que padece efermidades crónicas. Estará baixo arresto ata o próximo sete de agosto.
Segundo Amnistía Internacional, este caso "parece un método de presión sobre os medios independentes de Rusia".
 

Noticias web

09/06/2019