CRTVG

Buscar

Decretada a situación 2 polo lume de Monterrei

Publicado o 24/07/2020 23:45
Decretada a situación 2 polo lume de Monterrei

Galicia segue a loitar na súa constante batalla durante o verán, os lumes forestais. Especialmente preocupante é a situación do incendio que avanza sen control no concello de Monterrei, en Ourense. A consellería de Medio Rural decretou  a situación dous pola proximidade das lapas ós núcleos urbanos, como o da Salgueira, aínda que segundo informan desde o concello ningunha vivenda se viu afectada polo momento. Segundo o último parte de incidencias, a superficie afectada é de 150 hectáreas. O lume orixinouse contra as cinco da tarde do venres. A súa virulencia obrigou a cortar o tráfico , por prevención, na estrada que une os lugares de Medeiro e O Requeixo. 


Os cambios de vento constantes poderían provocar a expansión das lapas en zonas como Medeiros e o concello de Oímbra.